O xornalista Pepe Domingo Castaño recibirá en Boiro o Premio Exxpopress Honorífico 2012





O xornalista Pepe Domingo Castaño desplazarase o xoves, 18 de outubro a Boiro para recibir o Premio Exxpopress Honorífico-2012 co que se rende homenaxe a súa traxectoria profesional, nun acto que estará presidido polo secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, o alcalde de Boiro, Juan José Dieste e outras autoridades.

Será no Parque da Comunicación ás 14,00 horas, onde posteriormente plantará e apadriñará unha árbore.
Ler máis >>

Travesía Estival Club Exxpopress-Presentación Buque Princess of the Seas.



A conselleira de Medio Rural e Mar, Rosa Quintana, amadrinou este vernes en A Pobra o barco turístico Princess of the Seas, que presenta o Club Exxpopress. 

Despois, 15 privilexiados socios del club e os seus acompañantes gozaron dunha exclusiva travesía con cata de cervexas Estrella Galicia e tapas de produtos Congalsa.
Ler máis >>

Premios Exxpopress 2012

O MUSEO DO GRABADO DE RIBEIRA, O PROGRAMA LUAR DA TVG E A FUNDACIÓN PAIDEIA RECIBIRÁN ESTE ANO OS PREMIOS EXXPOPRESS-2012 Á DINAMIZACIÓN TURÍSTICA, CULTURAL E EMPRESARIAL DE GALICIA 

A entrega dos galardóns terá lugar o día 9 de novembro en Boiro (A Coruña), no transcurso dunha gala na que os xornalistas Victoria Prego e Pepe Domingo Castaño recibirán os Premios Honoríficos do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia, no que ingresarán como Socios de Honra.

Boiro. 9 de agosto de 2012. O Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia acordou conceder este ano os seus PREMIOS EXXPOPRESS-2012 Á DINAMIZACIÓN TURÍSTICA, CULTURAL E EMPRESARIAL DE GALICIA ó MUSEO DO GRABADO DE ARTES-Ribeira (na Categoría Comarcal); ó PROGRAMA LUAR da TVG (na Categoría Autonómica), coincidindo co seu vixésimo aniversario; e á FUNDACIÓN PAIDEIA (na Categoría Internacional).


Os galardóns, consistentes nunha escultura de diseño exclusivo do artista Jontxu Argibay, serán entregados na gala anual do Club Exxpopress, que terá lugar no Restaurante Chicolino de Boiro (A Coruña) o venres día 9 de novembro. O presidente do Club, Jesús Souto, fixo públicos hoxe estes galardóns nun acto presidido polo secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, e polo alcalde de Boiro, Juan José Dieste, no Parque da Comunicación desta localidade, un espazo no que, ademáis, o xornalista Fernando Ónega plantou e apadriñou unha árbore. 

Na gala de novembro serán entregados tamén os PREMIOS EXXPOPRESS HONORÍFICOS-2012 ós xornalistas Victoria Prego e Pepe Domingo Castaño, en recoñecemento ás súas dilatadas e exitosas traxectorias profesionais. Ambos os dous serán nomeados ademáis Socios de Honra do Club, como xa o foi o ano pasado Fernando Ónega, que recibeu o Premio Exxpopress Honorífico-2011 coincidindo co cincuentenario da súa traxectoria profesional.




Ler máis >>

Bautismo de Mar na praia de Cabío




O presidente da Deputación da CoruñaDiego Calvo, participou activamente no Bautismo de Mar celebrado na praia pobrense de Cabío e organizado polo Club Exxpopress e a empresa Palmira Scuba.

Na actividade, consistente nunha inmersión con botella de osíxeno e traxe de neopreno, participaron, ademais dunha vintena de socios do club, na súa maioría xornalistas, o tenente de alcalde de BoiroFernando García Diéguez, e a edil de Turismo, Cornelia Ces; o edil de Seguridade Cidadá de RibeiraVíctor Reiriz, e o xerente de Palmira ScubaJosé Manuel Fernández.


Tamén estivo presente o alcalde de A Pobra, Isaac Maceiras.


Ler máis >>

Viaxe a Ribeira Sacra e a Adega Ponte da Boga

UNHA DELEGACIÓN DE POLÍTICOS, EMPRESARIOS E XORNALISTAS DO BARBANZA VISITOU A RIBEIRA SACRA 

// Foron recibidos en Monforte pola delegada territorial da Xunta en Lugo, Raquel Arias, o secretario xeral de Montes e Medio Rural, Tomás Fernández-Couto, e o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez// A excursión foi organizada polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia// Visitaron o Centro do Viño, as bancadas da Viticultura Heroica e a adega Ponte da Boga e navegaron polo cañón do río Sil


  A Pobra, 17 de xullo de 2012.  O alcalde de Boiro, Juan José Dieste, encabezou a delegación barbanzá que a pasada fin de semana visitou a Ribeira Sacra nunha viaxe organizada polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia. Entre os asistentes figuraban o presidente da Asociación de Empresarios Turísticos de Arousa-Norte, Manuel Domingo Rodríguez Fernández; os presidentes das patronais de Boiro, Carlos Rodríguez, de Rianxo, Felipe Ordóñez, e de A Pobra, Manuel Tomé; a presidenta da Asociación Etnográfica O Faiado-2, María Luisa López; o presidente do Club Exxpopress, Suso Souto, e unha vintena de xornalistas de prensa, radio e televisión da comarca do Barbanza, entre outros convidados.

Á súa chegada a Monforte, a comitiva foi recibida pola delegada territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Raquel Arias; o secretario xeral de Montes e Medio Rural, Tomás Fernández-Couto, o presidente do Consello Regulador da Denominación de Orixen Ribeira Sacra, José Manuel Rodríguez, e varios membros da Corporación municipal. A recepción tivo lugar na sede do Centro do Viño da Ribeira Sacra e inclueu unha visita guiada polas instalacións e unha degustación de viños da zona.

A comitiva dirixeuse despois a Castro Caldelas para visitar unha das bancadas de viñedos da denominada Viticultura Heroica e as instalacións da adega Ponte da Boga, donde o enólogo e director técnico da mesma, Rubén Pérez, agasallou ós convidados cunha cata comentada. Posteriormente, o secretario xeral de Montes presideu o xantar que tivo lugar na citada adega, xunto ó delegado comercial de Hijos de Rivera, Guillermo Fernández, e o director comercial de Ponte da Boga, Carlos López Otero. No xantar degustáronse conservas da firma pobrense Luis Escurís Batalla, tortillas, pulpo da ría de Arousa, empanadas e rosquillas. Todo elo regado, por suposto, con viños e licores de Ponte da Boga. Pola tarde, os participantes na excursión tiveron ocasión de navegar durante dúas horas nun catamarán polo cañón do río Sil.

A viaxe enmárcase nun ambicioso proxecto do Club Exxpopress para acadar a medio prazo un irmanamento entre as comarcas da Ribeira Sacra e Arousa-Norte que, máis alá do seu carácter institucional, poida propiciar acordos de colaboración comercial, turística e cultural.

Neste senso, o secretario xeral de Montes amosou a súa convicción de que este obxectivo se acadará máis pronto que tarde e o seu desexo de que nos vindeiros meses sexa unha delegación da Ribeira Sacra a que visite a comarca de Arousa-Norte.





Ler máis >>

Presentación Bautismo de Mar

O SECRETARIO XERAL DE MEDIOS, O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E OS ALCALDES DO BARBANZA PARTICIPARÁN ESTE SÁBADO NUN BAUTISMO DE MAR CON XORNALISTAS NA PRAIA DE CABÍO, A POBRA DO CARAMIÑAL


A actividade, organizada polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia e a empresa Palmira Scuba, ten como obxectivo promocionar as actividades náuticas e o valor ambiental da ría de Arousa.


A Pobra, 16 de xullo de 2012.  O Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia organizou para o vindeiro sábado día 21 de xullo un BAUTISMO DE MAR no que, ademáis dunha vintena de socios da entidade (na súa maioría xornalistas) participarán o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; os alcaldes de Ribeira, Manuel Ruiz, Boiro, Juan José Dieste, A Pobra, Isaac Maceiras, e Rianxo, Adolfo Muíños, e o presidente do Club Exxpopress, Suso Souto.

A actividade foi presentada polo alcalde de A Pobra, Isaac Maceiras, o presidente da Asociación de Empresarios Turísticos de Arousa-Norte, Manuel Domingo Rodríguez Fernández, e o xerente da empresa Palmira Scuba, José Manuel Fernández. Terá lugar o sábado día 21 a partir das 11.00 horas na praia pobrense de Cabío e consistirá nunha inmersión tutelada por monitores de Palmira Scuba, na que os participantes (incluidas as autoridades) se adentrarán nas augas de Cabío equipados con traxes de neopreno e botellas de osíxeno, guiados e acompañados en todo momento polos monitores. Ademáis, practicarán kaiak. 
A finalidade desta actividade é a promoción da oferta turística da comarca no entorno da ría de Arousa, tanto en materia de servizos como no eido medioambiental, implicando, unha vez máis, a políticos, empresarios e xornalistas.



Ler máis >>

Clausura da Exposición “Crónica da Monarquía española no século XX"



O SECRETARIO XERAL DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA CLAUSUROU EN A POBRA A EXPO “CRÓNICA DA MONARQUÍA ESPAÑOLA NO SÉCULO XX”


Valentín García presideu unha reunión extraordinaria da directiva do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia, na que foi informado das actividades e proxectos da entidade  
// Os empresarios Arturo Fajardo Piñeiro (Chicolino Restauración), Luis Escurís Pérez (Conservas Luis Escurís Batalla) e Carlos López Otero (Adega Ponte da Boga) recibiron o recoñecemento do Club pola súa participación na I Cea Enolóxica Club Exxpopress.


 

A Pobra, 16 de xullo de 2012. O secretario xeral de Política Lingüística da Consellería de Cultura e Educación, Valentín García, reuniuse cos membros da directiva do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia, co fin de coñecer de primeira man os proxectos que está a desenvolver esta entidade coa finalidade de promocionar e dinamizar os ámbitos do turismo, a cultura e a empresa en Galicia. Na xuntanza, que tivo lugar nas dependencias da Casa da Cultura e da Xuventude Raquel Fernández Soler, participaron, canda o secretario xeral, o presidente do Club, Suso Souto, e mais o alcalde da Pobra do Caramiñal, Isaac V. Maceiras, así como outros membros integrantes da directiva.

Previamente á reunión, Valentín García participou na clausura da exposición Crónica da monarquía española no século XX, que reúne unha mostra de xornais históricos pertencente aos fondos do Club Exxpopress, e en cuxa organización colaborou a Xunta de Galicia.

Xornais de diversas cabeceiras conforman Crónica da monarquía española no século XX, que formula unha viaxe no tempo polos momentos históricos que marcaron o rumbo da monarquía en España: dende a coroación do Rei Afonso XIII en 1902 ata a morte de Don Xoán de Borbón en 1993 pasando pola proclamación da segunda república, a guerra civil, a ditadura, a transición á democracia, a tentativa de golpe de Estado do 23F etc.

A exposición leva percorridas desde a súa inauguración no mes de maio as cidades de Nova Jersey (EUA), Barcelona e Santiago de Compostela, así como as localidades da Estrada, Ribeira, Boiro, A Pobra do Caramiñal e Rianxo.

ENTREGA DE DIPLOMAS POLA PRIMEIRA CEA ENOLÓXICA

Finalizada a reunión, o presidente do Club, Suso Souto, fixo entrega de cadanseu diploma conmemorativo ós empresarios Arturo Fajardo (Chicolino Restauración), Luis Escurís Pérez (Conservas Luis Escurís Batalla) e Carlos López Otero (Adega Ponte da Boga) en agradecemento pola súa colaboración na I Cea Enolóxica Club Exxpopress, celebrada o pasado mes de abril.


Ler máis >>

Premios Honoríficos 2012 Club Exxpopress

OS XORNALISTAS VICTORIA PREGO E PEPE DOMINGO CASTAÑO RECIBIRÁN ESTE ANO OS PREMIOS EXXPOPRESS HONORÍFICOS-2012 ÁS SÚAS TRAXECTORIAS PROFESIONAIS

A entrega dos galardóns terá lugar o día 9 de novembro en Boiro (A Coruña), no transcurso dunha gala na que ambos os dous homenaxeados ingresarán no Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia como Socios de Honra.

Victoria Prego
Pepe Domingo Castaño

                            Resolución Premios Exxpopress Honoríficos 2012

Ler máis >>

Inauguración do Parque da Comunicación en Boiro


O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, inaugurou o luns día 9 de xullo en Boiro o Parque da Comunicación, no que unha trintena de xornalistas de prensa, radio e televisión prantaran e apadriñaran árbores o pasado 5 de maio.

No acto inaugural participaron tamén o alcalde de Boiro, Juan José Dieste, e o presidente do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia, Suso Souto, que cortaron a cinta inaugural xunto co secretario xeral.

No parque, sito no paseo marítimo de Barraña, as autoridades descubriron unha placa conmemorativa colocada nunha gran rocha, entre dous bancos de pedra.

Alfonso Cabaleiro resaltou que se trata do primeiro parque de Galicia creado por xornalistas.


Ler máis >>

Clausura do Xuño da Cultura e as Artes en Ribeira

O alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz, presideu o pasado 30 de xuño no salón de plenos do Concello o acto de clausura do Xuño da Cultura e as Artes. 

Un total de 43 colectivos participaron na elaboración da programación, entre eles o Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia, cuxo presidente Suso Souto, recibiu o diploma acreditativo e un agasallo en agradecemento á colaboración desta entidade.

Acto de clausura no Concello de Ribeira

Diploma acreditativo outorgado ao Club Exxpopress

Foto de grupo dos participantes

Ler máis >>

Historias do cine en Ribeira



O presidente do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia, Suso Souto, impartiu o pasado 19 de xuño na Aula Multimedia de Ribeira a charla titulada "Historias do cine: regreso ó presente", no marco da programación do Xuño da Cultura e as Artes do Concello de Ribeira.

Entre os asistentes atopábanse os alcaldes de Ribeira, Manuel Ruiz, e Boiro, Juan José Dieste. 

Botando man de interesantes fotos e vídeos, Souto fixo un amplo repaso ós momentos nos que se marcaron os fitos máis importantes na historia do séptimo arte, dende as orixes da fotografía e o invento da lanterna máxica, o fonógrafo, o quinetoscopio ou o cinematrógrafo, ata as novas plataformas de distribución (Internet e telefonía móvil) e recordando películas pioneiras, como as primeiras con son, en cor, en cinemascope, etc.


Ler máis >>

Recepción de Alfonso Cabaleiro

O Secretario Xeral de Medios da Xunta recibiu ó Presidente, ó Secretario
 e a unha das vogais 
do Club Exxpopress de Periodistas de Galicia
Ler máis >>

Macro Festa Infantil

O pasado 16 de xuño, os gañadores do concurso escolar comarcal Barbanza 2061 do Colexio Castelao de Rianxo gozaron do seu premio acompañados polos seus pais: unha MACRO-FESTA INFANTIL celebrada no Camping Rural Ría de Arosa-2 de Oleiros (Ribeira) con comida e merenda, Castelo Hinchable, Tren Infantil, Festa da Escuma, piscina infantil e cuadriciclos. 
Ditos alumnos gañaron o certame na categoría de Educación Infantil, á que optaban murais baixo a temática Cómo imaxinas o mundo en 2061?

O traballo gañador foi introducido xunto a outros obxectos na Cápsula do Tempo soterrada polo Club Exxpopress no paseo marítimo de Ribeira o pasado 11 de novembro de 2011.





Mural gañador no concurso

Ler máis >>

Viaxe a Valencia




Os pasados días 25, 26 y 27 de maio tuvo lugar a excursión á Cidade das Artes e das Ciencias de Valencia das tres alumnas do IES A Cachada de Boiro que gañaron o concurso escolar comarcal Barbanza-2061, convocado polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia e patrocinado pola empresa Frinsa. 

A profesora que as acompañou é Ana Fernández Moreiras e as alumnas son Sara Hermo Alonso, Loreto Abalo Calo e Ángela Pouso González. 

Ditas alumnas gañaron o certame na categoría de Secundaria-Bacharelato, á que optaban traballos audiovisuais baixo a temática Cómo imaxinas o mundo en 2061? 
O traballo gañador, titulado A escultura no ano 2061, foi introducido xunto a outros obxectos na Cápsula do Tempo soterrada polo Club Exxpopress no paseo marítimo de Ribeira o pasado 11 de novembro de 2011.


Ler máis >>

Inauguración da Expo "CRÓNICA DA MONARQUÍA ESPAÑOLA NO SÉCULO XX"




O SECRETARIO XERAL DE MEDIOS, O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E O ALCALDE DE A POBRA INAUGURARON A EXPO "CRÓNICA DA MONARQUÍA ESPAÑOLA NO SÉCULO XX"

 O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, presidiu en A Pobra a inauguración da exposición xornalística Crónica da Monarquía española no Século XX, organizada polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia que preside Suso Souto.

No acto participaron tamén o presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo; a deputada autonómica Encarna González Montemuiño; os alcaldes de A Pobra, Isaac Maceiras, e de Boiro, Juan José Dieste; e os concelleiros José Manuel Castro, Andrés Millán e Balbina Lojo (de A Pobra), Cornelia Ces e María José Lorenzo (concelleiras de Turismo e de Educación, respectivamente, de Boiro).

A inauguración reuneu asemade ó presidente da Asociación de Empresarios Turísticos de Arousa-Norte, Manuel Domingo Rodríguez; ó presidente da patronal de A Pobra, Manuel Tomé; e ós empresarios José Antonio Rodríguez Romero, Fernando Cores (xerente de El Muelle) e Arturo Fajardo Piñeiro (xerente do restaurante A Terraza de Chicolino, por cuia conta correu o ágape servido ós asistentes).

A Asociación de Amas de Casa de A Pobra estivo representada por Charo Rodríguez e Milagros Vázquez. A exposición está formada por case un cento de xornais históricos que recollen nas súas portadas os principais acontecementos que marcaron o rumbo da monarquía en España ó longo do século XX: dende a coroación de Alfonso XIII ata a intentona golpista do 23F, pasando pola proclamación da República, a Guerra Civil, a Dictadura, a transición á Democracia, etc. As revistas teñen tamén un gran protagonismo e proxéctanse 38 vídeos históricos sobre a monarquía.

A mostra inaugurouse o mesmo día que se cumplía o 50 aniversario da voda das Súas Maxestades os Reis de España, don Juan Carlos e dona Sofía.
Na súa intervención, Alfonso Cabaleiro destacou o alto interese didáctico da mostra. Pola súa banda, Diego Calvo felicitou ó Club Exxpopress “porque con só un ano de vida xa amosa unha interesante traxectoria de dinamización turística, cultural e empresarial”.

O presidente do Club Exxpopress, Suso Souto, contou a curiosa historia dun exemplar do ABC do 13 de outubro de 1935, en cuxa portada se lee “Este número está visado por la censura” e que foi a resposta do xornal á prohibición do Goberno da República para que se publicase a foto da boda de don Juan de Borbón, celebrada o día anterior en Roma.

Ler máis >>