Inauguración do Parque da Comunicación en Boiro


O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, inaugurou o luns día 9 de xullo en Boiro o Parque da Comunicación, no que unha trintena de xornalistas de prensa, radio e televisión prantaran e apadriñaran árbores o pasado 5 de maio.

No acto inaugural participaron tamén o alcalde de Boiro, Juan José Dieste, e o presidente do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia, Suso Souto, que cortaron a cinta inaugural xunto co secretario xeral.

No parque, sito no paseo marítimo de Barraña, as autoridades descubriron unha placa conmemorativa colocada nunha gran rocha, entre dous bancos de pedra.

Alfonso Cabaleiro resaltou que se trata do primeiro parque de Galicia creado por xornalistas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario