Premios Exxpopress 2012

O MUSEO DO GRABADO DE RIBEIRA, O PROGRAMA LUAR DA TVG E A FUNDACIÓN PAIDEIA RECIBIRÁN ESTE ANO OS PREMIOS EXXPOPRESS-2012 Á DINAMIZACIÓN TURÍSTICA, CULTURAL E EMPRESARIAL DE GALICIA 

A entrega dos galardóns terá lugar o día 9 de novembro en Boiro (A Coruña), no transcurso dunha gala na que os xornalistas Victoria Prego e Pepe Domingo Castaño recibirán os Premios Honoríficos do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia, no que ingresarán como Socios de Honra.

Boiro. 9 de agosto de 2012. O Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia acordou conceder este ano os seus PREMIOS EXXPOPRESS-2012 Á DINAMIZACIÓN TURÍSTICA, CULTURAL E EMPRESARIAL DE GALICIA ó MUSEO DO GRABADO DE ARTES-Ribeira (na Categoría Comarcal); ó PROGRAMA LUAR da TVG (na Categoría Autonómica), coincidindo co seu vixésimo aniversario; e á FUNDACIÓN PAIDEIA (na Categoría Internacional).


Os galardóns, consistentes nunha escultura de diseño exclusivo do artista Jontxu Argibay, serán entregados na gala anual do Club Exxpopress, que terá lugar no Restaurante Chicolino de Boiro (A Coruña) o venres día 9 de novembro. O presidente do Club, Jesús Souto, fixo públicos hoxe estes galardóns nun acto presidido polo secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, e polo alcalde de Boiro, Juan José Dieste, no Parque da Comunicación desta localidade, un espazo no que, ademáis, o xornalista Fernando Ónega plantou e apadriñou unha árbore. 

Na gala de novembro serán entregados tamén os PREMIOS EXXPOPRESS HONORÍFICOS-2012 ós xornalistas Victoria Prego e Pepe Domingo Castaño, en recoñecemento ás súas dilatadas e exitosas traxectorias profesionais. Ambos os dous serán nomeados ademáis Socios de Honra do Club, como xa o foi o ano pasado Fernando Ónega, que recibeu o Premio Exxpopress Honorífico-2011 coincidindo co cincuentenario da súa traxectoria profesional.




1 comentario: