Inauguración da Expo "CRÓNICA DA MONARQUÍA ESPAÑOLA NO SÉCULO XX"




O SECRETARIO XERAL DE MEDIOS, O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E O ALCALDE DE A POBRA INAUGURARON A EXPO "CRÓNICA DA MONARQUÍA ESPAÑOLA NO SÉCULO XX"

 O secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro, presidiu en A Pobra a inauguración da exposición xornalística Crónica da Monarquía española no Século XX, organizada polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia que preside Suso Souto.

No acto participaron tamén o presidente da Deputación de A Coruña, Diego Calvo; a deputada autonómica Encarna González Montemuiño; os alcaldes de A Pobra, Isaac Maceiras, e de Boiro, Juan José Dieste; e os concelleiros José Manuel Castro, Andrés Millán e Balbina Lojo (de A Pobra), Cornelia Ces e María José Lorenzo (concelleiras de Turismo e de Educación, respectivamente, de Boiro).

A inauguración reuneu asemade ó presidente da Asociación de Empresarios Turísticos de Arousa-Norte, Manuel Domingo Rodríguez; ó presidente da patronal de A Pobra, Manuel Tomé; e ós empresarios José Antonio Rodríguez Romero, Fernando Cores (xerente de El Muelle) e Arturo Fajardo Piñeiro (xerente do restaurante A Terraza de Chicolino, por cuia conta correu o ágape servido ós asistentes).

A Asociación de Amas de Casa de A Pobra estivo representada por Charo Rodríguez e Milagros Vázquez. A exposición está formada por case un cento de xornais históricos que recollen nas súas portadas os principais acontecementos que marcaron o rumbo da monarquía en España ó longo do século XX: dende a coroación de Alfonso XIII ata a intentona golpista do 23F, pasando pola proclamación da República, a Guerra Civil, a Dictadura, a transición á Democracia, etc. As revistas teñen tamén un gran protagonismo e proxéctanse 38 vídeos históricos sobre a monarquía.

A mostra inaugurouse o mesmo día que se cumplía o 50 aniversario da voda das Súas Maxestades os Reis de España, don Juan Carlos e dona Sofía.
Na súa intervención, Alfonso Cabaleiro destacou o alto interese didáctico da mostra. Pola súa banda, Diego Calvo felicitou ó Club Exxpopress “porque con só un ano de vida xa amosa unha interesante traxectoria de dinamización turística, cultural e empresarial”.

O presidente do Club Exxpopress, Suso Souto, contou a curiosa historia dun exemplar do ABC do 13 de outubro de 1935, en cuxa portada se lee “Este número está visado por la censura” e que foi a resposta do xornal á prohibición do Goberno da República para que se publicase a foto da boda de don Juan de Borbón, celebrada o día anterior en Roma.

No hay comentarios:

Publicar un comentario