Presentación Bautismo de Mar

O SECRETARIO XERAL DE MEDIOS, O PRESIDENTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA E OS ALCALDES DO BARBANZA PARTICIPARÁN ESTE SÁBADO NUN BAUTISMO DE MAR CON XORNALISTAS NA PRAIA DE CABÍO, A POBRA DO CARAMIÑAL


A actividade, organizada polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia e a empresa Palmira Scuba, ten como obxectivo promocionar as actividades náuticas e o valor ambiental da ría de Arousa.


A Pobra, 16 de xullo de 2012.  O Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia organizou para o vindeiro sábado día 21 de xullo un BAUTISMO DE MAR no que, ademáis dunha vintena de socios da entidade (na súa maioría xornalistas) participarán o secretario xeral de Medios, Alfonso Cabaleiro; o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo; os alcaldes de Ribeira, Manuel Ruiz, Boiro, Juan José Dieste, A Pobra, Isaac Maceiras, e Rianxo, Adolfo Muíños, e o presidente do Club Exxpopress, Suso Souto.

A actividade foi presentada polo alcalde de A Pobra, Isaac Maceiras, o presidente da Asociación de Empresarios Turísticos de Arousa-Norte, Manuel Domingo Rodríguez Fernández, e o xerente da empresa Palmira Scuba, José Manuel Fernández. Terá lugar o sábado día 21 a partir das 11.00 horas na praia pobrense de Cabío e consistirá nunha inmersión tutelada por monitores de Palmira Scuba, na que os participantes (incluidas as autoridades) se adentrarán nas augas de Cabío equipados con traxes de neopreno e botellas de osíxeno, guiados e acompañados en todo momento polos monitores. Ademáis, practicarán kaiak. 
A finalidade desta actividade é a promoción da oferta turística da comarca no entorno da ría de Arousa, tanto en materia de servizos como no eido medioambiental, implicando, unha vez máis, a políticos, empresarios e xornalistas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario