Sábado de plantación de árbores en Boiro


A CONSELLEIRA DO MEDIO RURAL E DO MAR, ROSA QUINTANA, INAUGUROU EN BOIRO O PARQUE DA COMUNICACIÓN

A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, inaugurou en Boiro, xunto ó secretario xeral de Montes e Medio Rural, Tomás Fernández-Couto, e o alcalde, Juan José Dieste, o Parque da Comunicación, tras plantar unha treintena de árbores xunto aos xornalista do Barbanza.

O novo parque está no paseo marítimo de Barraña.

No acto, organizado polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia en colaboración co colectivo ecoloxista xuvenil Boiro Verde, cada xornalista plantou e apadriñou unha árbore (ó igual que fixeron as autoridades), responsabilizándose do seu coidado.

Cada árbore leva unha placa co nome do seu padriño ou madriña e as características da especie plantada. Na súa intervención, a conselleira destacou o valor simbólico desta iniciativa e señalou que “árbore é sinónimo de vida”. Rosa Quintana agradeceu a invitación dos organizadores para presidir o acto e felicitou ó club por ter como principal motivación “algo tan loable como a dinamización e promoción turística, cultural e empresarial de Galicia”. Asimismo, destacou o obxectivo do acto: “sensibilizar á sociedade en xeral sobre a importancia de repoboar, coidar e manter as zonas verdes comúns, fomentando un espírito cívico”, dixo.

O alcalde, Juan José Dieste, anunciou a denominación de dito espacio como Parque da Comunicación e comprometeuse a colocar alí uns bancos para convertilo nun lugar de lectura frente ó mar.

Pola súa parte, o presidente del club, Suso Souto, dixo que “éste é un acto de humildade, no que os xornalistas seguimos o exemplo dun grupo de mozas e mozos que, podendo adicar o seu tempo a cousas probablemente máis ociosas, adican parte del a traballar por un Boiro máis verde”. Souto desexou “que estas árbores medren con forza para dar sombra a novas xeracións de xornalistas”.


1 comentario:

  1. Os xornalistas da comarca xa teñen un parque adicado á comunicación.

    ResponderEliminar