I CEA ENOLÓXICA DO CLUB EXXPOPRESS

OS SECRETARIOS XERAIS DE MONTES E MEDIO RURAL E DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA ASISTIRON EN A POBRA A UNHA CEA ENOLÓXICA


Os secretarios xerais de Montes e Medio Rural, Tomás Fernández Couto, e de Política Lingüística, Valentín García Gómez, asistiron o xoves día 26 de abril á I Cea Enolóxica Club Exxpopress, que tivo lugar no Restaurante A Terraza de Chicolino, en A Pobra, e na que a adega Ponte da Boga presentou cinco dos seus viños en maridaxe coas conservas da gama Fuera de Serie, da firma Luis Escurís Batalla, postas en valor polo citado restaurante.

Ao acto asistiron un cento de persoas, entre elas os alcaldes de Ribeira, Boiro, A Pobra, Rianxo e Lousame; presidentes de patronais, patróns maiores, xornalistas, empresarios, etc., así como o presidente do Foro Enrique Peinador, Xosé González.
Fernandez-Couto destacou a importancia desta iniciativa do Club Exxpopress para a promoción empresarial, "que sen duda será tomada como exemplo en Galicia".
García Gómez resaltou a importancia da etiquetaxe en galego para a promoción dos nosos productos no exterior.
O alcalde de A Pobra, Isaac Maceiras, animou ós empresarios a colaborar na promoción dos seus productos no exterior con actos conxuntos e o presidente do Club Exxpopress, Suso Souto, resaltou "non só a colaboración, senón a interacción das tres empresas na Cea Enolóxica".

Ás 20.30 horas tivo lugar unha charla a cargo do xornalista Víctor Furelos (coordinador da sección Área de Compostela de El Correo Gallego e do semanario Terras de Santiago), titulada Viticultura heroica, que falou sobre os selos distintivos dos viños galegos, da súa importancia na promoción de Galicia fóra de España e das paisaxes vinícolas declaradas Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Furelos reivindicou a mesma declaración para a Ribeira Sacra.

Posteriormente, ás 21.00 horas, deu comezo a cea, na que o enólogo Rubén Pérez comentou as características dos cinco viños de Ponte da Boga que se foron degustando con outros tantos pratos elaborados en base ás conservas de Luis Escurís Batalla.

O acto foi organizado polo Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario