Expo "Crónica da Monarquía Española no Século XX"



A exposición "Crónica da Monarquía Española no Século XX" será inaugurada o luns día 14 de maio ás 20.30 horas na Casa da Cultura Raquel Fernández Soler de A Pobra polo secretario xeral de Medios da Xunta de Galicia, Alfonso Cabaleiro; o presidente da Diputación de A Coruña, Diego Calvo, e o alcalde de A Pobra, Isaac Maceiras.

Crónica da Monarquía Española no Século XX é unha exposición de xornais históricos pertencente ós fondos do Club Exxpopress de Xornalistas de Galicia. Está formada por xornais de diversas cabeceiras e plantexa unha viaxe no tempo polos momentos históricos que marcaron o rumbo da Monarquía en España: dende a coroación do Rei Alfonso XIII en 1902 ata a morte de Don Juan de Borbón en 1993, pasando pola proclamación da Segunda República, a Guerra Civil, a Dictadura, a transición á Democracia, a intentona golpista do 23F, etc.

A colección fai asemade un repaso ós acontecementos máis importantes vividos polos membros da Familia Real, como a voda de Don Juan de Borbón e Dona María de las Mercedes en 1935; o enterro de Alfonso XIII en 1941; a voda de Don Juan Carlos e Dona Sofía en 1962; o bautizo do Príncipe Felipe en 1968; o nomeamento de Don Juan Carlos como sucesor na Xefatura do Estado en 1969; a súa proclamación como Rei de España en 1975, etc.
Un dos exemplares máis valiosos da mostra é unha publicación de 1927 editada en Arxentina con motivo das Vodas de Prata do reinado de Alfonso XIII e que se presenta en follas soltas para que o público poida ver as numerosas fotografías que inclúe.

A montaxe da Expo compleméntase con fotos de gran tamaño de Alfonso XIII, Don Juan de Borbón, Don Juan Carlos I e o Príncipe Felipe, así como xornais que recollen nas súas portadas acontecementos históricos tan relevantes como o lanzamento do primeiro cosmonauta ó espazo (Yuri Gagarin), a celebración do Concilio Vaticano II, a morte de Kennedy, o asasinato de Luther King ou a chegada do home á Lúa.

No centro da sala proxéctanse nun monitor 38 vídeos históricos, entre eles os da Voda de Alfonso XIII e Victoria Eugenia en 1906; as primeiras imaxes de Alfonso XIII no exilio en 1931; a Voda de Don Juan de Borbón e Dona María de las Mercedes en 1935; a voda de Don Juan Carlos e Dona Sofía en 1962; o bautizo do Príncipe Felipe en 1968; o nomeamento de Don Juan Carlos como sucesor na Xefatura do Estado en 1969; a súa proclamación como Rei de España en 1975 e a posterior misa de coroación; a renuncia de Don Juan de Borbón ós seus Dereitos Dinásticos en 1977, etc.

No hay comentarios:

Publicar un comentario