Concurso Escolar Comarcal Barbanza - 2061

O CLUB EXXPOPRESS CONVOCA, POR PRIMEIRA VEZ EN BARBANZA, UN CONCURSO ESCOLAR DE CARÁCTER COMARCAL

Está destinado a todos os alumnos e alumnas de Educación Infantil, Primara e Secundaria-Bacharelato de Ribeira, Boiro, A Pobra e Rianxo.

Os premios consisten nunha viaxe de grupo dunha fin de semana a Valencia para visitar a Cidade das Artes e das Ciencias (Secundaria-Bacharelato), unha viaxe de grupo a Madrid para visitar o Parque Warner (Primaria) e unha Macro Festa nun cámping (Infantil).

O Club Exxpopress soterrará unha Cápsula do Tempo o día 11 de novembro de 2011 ás 11.11 horas na Praza de España, en Ribeira.

A Pobra. 13 de setembro de 2011.



Comité organizador do concurso escolar

             
         Cartel anunciador

No hay comentarios:

Publicar un comentario