Homenaxe a Fernando Onega, Los Chiky´s e Frinsa

D. Ramiro Carregal, presidente do Grupo Frinsa.

O grupo musical Los Chiky´s


O periodista Fernando Ónega.

 O GRUPO EMPRESARIAL FRINSA, O XORNALISTA FERNANDO ÓNEGA E O GRUPO MUSICAL LOS CHIKY´S RECIBIRÁN UNHA HOMENAXE EN BOIRO POLO SEU CINCUENTENARIO PROFESIONAL.

-O acto terá lugar o sábado 26 de novembro no transcurso da Primeira Gala Anual do Club Exxpopress, na que se entregarán tamén os Premios Exxpopress-2011 nos ámbitos comarcal, rexional e nacional/internacional.                  


  A Pobra, 27 de setembro de 2011.               

O Club Exxpopress (colectivo cultural sen ánimo de lucro e de ámbito rexional, creado e promovido por xornalistas, pero aberto a toda a sociedade), celebrará a súa Primeira Gala Anual o sábado día 26 de novembro de 2011 a partir das 21.00 horas no Restaurante Chicolino de Boiro (A Coruña). No transcurso de dita gala, á que asistirán representantes de diversas administracións e colectivos empresariais e socioculturais, rendirase homenaxe a:


_D. Fernando Ónega López, xornalista, no cincuentenario da súa traxectoria profesional.


_D. Ramiro Carregal Rey, presidente de Frinsa (Ribeira), no cincuentenario da creación da empresa.


_Integrantes do grupo musical Los Chiky´s, de A Estrada, no cincuentenario da creación da formación.


Asimesmo, procederase á entrega dos Premios Exxpopress-2011, cos que o Club quere recoñecer o traballo daquelas persoas, empresas, colectivos ou institucións que máis se teñan destacado no ano en curso na promoción e o traballo por Galicia nos aspectos turístico, sociocultural ou empresarial, dende os ámbitos comarcal, autonómico e nacional/internacional. O fallo do xurado nomeado a tal efecto coñecerase a mediados de novembro.


Galardoados e homenaxeados recibirán unha escultura diseñada en exclusiva polo artista Jontxu Argibay. Os homenaxeados con motivo do seu cincuentenario profesional recibirán ademáis a Insignia de Prata que acompaña ó seu nomeamento como Socios de Honra do Club e  que este ano recibirá tamén a Asociación de Empresarios Turísticos Arousa-Norte, que preside don Manuel Domingo Rodríguez Fernández.


O Club Exxpopress, apadriñado polo presentador de televisión José María Íñigo, está formado por xornalistas de prensa, radio, televisión e medios dixitais, pero tamén por persoas alleas a esta profesión. Creouse coa intención de implicar a empresarios, xornalistas e sociedade en xeral nun proxecto común: a promoción turística, cultural e empresarial de Galicia.



No hay comentarios:

Publicar un comentario